6 de junio de 2011

CAMPOSANCOS NO OLVIDO

TODO SIGUE IGUAL
De acordo, e ao amparo do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, Esquerda Unida de A Guarda ante o Concello , desexa someter a consideración do Pleno a seguinte moción:

MELLORAS NAS INSTALACIÓNS WIFI – ADSL – RECEPCIÓN DE TV

Durante varios meses en TV nos informaba con rótulos que o programa teledeporte cambiaría de frecuencia, e os cidadáns tinhamos que resintonizar os receptores,
Fai 4 días que non podemos ver este programa, e non sabemos quen son os responsables.
Para Esquerda Unida isto é unha tomadura de pelo e unha falta de respecto para a cidadanía do Baixo Minho.
¿Qué fan os presidentes dos Concellos do Baixo Minho?, ¿Cál é a causa de que os responsables de TV non tomaran as medidas para que o cambio da frecuencia fose real resintonizando o receptor? Unha vez mais a cidadanía do Baixo Minho somos os últimos en estar actualizados da a impresión que somos cidadáns de terceira categoría.
Tamén ocorre o mesmo coa linha de alta velocidade ADSL de telefónica, coa tan cacarexada wifi en Camposancos que fai meses non funciona na metade do pobo, o grave é que o presidente do Concello non move unha palleira.

Dende Esquerda Unida solicitamos:

Que tomen as medidas oportunas e que telefónica mellore a cativa central de Camposancos.

Que se repare a wifi en Camposancos

Que tomen as medidas oportunas, que pidan responsabilidades a Xunta de Galicia  e responsables de TVG.


A Guarda a 07/06/2011

Asd. José Antonio González MoraiS.


No hay comentarios:

Publicar un comentario