15 de junio de 2011

ALIMENTACIÓN ECOLÓXICA OU ADULTERADA


ALGÚNS PERCANCES ALIMENTARIOS:

Crise das vacas tolas, primeiros casos en 1986
Polos Belgas con dioxina xunho de 1999
Leite envenenada en Japón Xulio do ano 2000
Crise da gripe aviar propagase polo mundo entre os anos 2004 - 2006
Crise dos pepinos, E. Coli en Alemania xunho 2011

Un modelo alimentario controlado polas multinacionais co visto bo dos Gobernos que apostan por unha agricultura intensiva nun mundo globalizado tendo como base as sementes transxénicas e productos agroquímicos. Quen controle a alimentación controla a humanidade.
Para nos isto son feitos censurables, son igual que os crimenes organizados, terrorismo, corrupción gobernamental e privada (Prácticas empresariais fraudulentas e deshonestas).
Os gandeiros alimentan o gando con pensos de dudosa procedencia e coa información nas etiquetas incompletas. Os agricultores abonan con productos químicos.
Froita, legumbres, peixe, carne..., parecen feitos en laboratorios onde o cheiro , sabor non son naturais, parecen que foron cambiados por sucedáneos químicos.
O lóxico sería tomar os productos de tempada e mellor ecolóxicos ou directamente do produtor.
Todo isto acontece polos avances da humanidade onde so priva o negocio especulativo e as autoridades pasan de todo.
¿Os alimentos que venhen da China, Alemania..... son de fiar?
¿Cando os Gobernos esixiran etiquetas claras, sen omisión dos datos técnicos da composición do produto mercado?
Os campesinhos non son culpables das intoxicacións, os culpables son as multinacionais e Gobernos que autorizan e permiten a circulación polos mercados dos componhentes químicos e con dubidosa inspección sanitaria, exemplo: Pensos con dioxinas e agroquímicos en Alemania.
Logo Contador di que se contaminou por comer carne con clembuterol.
A crise alimentaria esta por chegar, estes feitos son iguais a crise actual ou fracaso do capital.

A Guarda a 15 de xunho 2011.
Asd. José Antonio González Morais.

No hay comentarios:

Publicar un comentario