28 de mayo de 2011

TODO A PEOR

A barbarie policial

Ata dentro de 9 anos non teremos recuperación no emprego, xa que o que prima en esta ditadura é a rentabilidade empresarial e beneficios da banca.

O ZP deu 80.000 millóns de € a os responsables da crise, e os brotes verdes quedaron en ramas secas. Temos e teremos un aumento do paro que non o para nin a extrema dereita do PP. Rematou os comicios quedando demostrado que a cidadanía non ten cultura política e que ganou foi a banca e as políticas neoliberais.

E moi importante as revoltas e acampadas nas prazas por toda Espanha, silenciadas polos medios de comunicacións, e calquera comentario que fan e para desacreditar a cidadanía que se manifesta pacificamente contra a barbarie e contrareformas da actual ditadura, isto é alternativa social polo tanto dende Esquerda Unida apoiamos esta protesta pacífica. Queda por ver ¿Cómo rachar co sistema político actual que é o fracaso do capital?

O PP, PSOE, nacionalistas non defenden o valor do traballo como engranaxe de xenerar riqueza, enerxía para o desenrolo social. Estes non ponhen freo ao enriquecemento, explotación dos privilexiados que vemos non actuais dirixentes que son malos cidadáns, ponho como exemplo: Silvio Berlusconi, Strauss-Kahn, Cans, Fabra, Alicia Sanchez,Zaplana, ........

Temos que facer a luta día a día para conquistar a democracia republicana, que Portugal sexa unha autonomía dentro de Espanha, estar en contra do pensamento único, ollo con algúns formadores de opinión que temos na radio, TV, que son invasores e manipuladores da información.

ALGÚNS PLANTEXAMENTOS PARA O CAMBIO SOCIAL PODEN SER:

Cumprimento real dos dereitos humanos

Reforma da Constitución Espanhola por estar desfasada

Aposta polo emprego público.

Universalización dos dereitos sociais esixibles por lei

Desenvolvemento dos servizos públicos

Creación da banca pública

Participación dos traballadores/ás na planificación da economía e no control das empresas.

Reforma fiscal que busque dinheiro para financiar a saída social da crise que está na banca e nos grandes capitais.

Investigación do fraude fiscal e da economía mergullada.

Aposta pola defensa dun modelo de desenvolvemento anclado na sostinibilidade ambiental, cambiando a política enerxética.

Reformas legais para frear a corrupción: rematar cos paraísos fiscais, entrega dos cartos defraudados.

Que as caixas, bancos aprace os posibles desahucios para as familias que están no paro e non poden cumprir cos pagos.

Política coherente para que os necesitados tenhan o dereito a unha vivenda.

A Guarda a 28 de maio 2011

No hay comentarios:

Publicar un comentario