Foto para: OMIX(VIXIANDO 20110302)na actualidae sigue igual.
Compromiso de calidade turística: dí o "Goberno Municipal".
Tamén que saia en EURONEWS TV chanel.
Compromiso de calidade turística: dí o "Goberno Municipal".
Tamén que saia en EURONEWS TV chanel.
De acordo, e ao amparo do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, Esquerda Unida de A Guarda ante o Concello , desexa someter a consideración do Pleno a seguinte moción:
LIMPEZA E ARRANXO DO TRAMO LAMINHA E PUNTAL
Esquerda Unida de A Guarda considera que o “Goberno Municipal”, é caótico que esta baseado na pura demagoxia e propaganda, un goberno retrógrado.
O “Goberno Municipal”, a escondidas inaugura a senda litoral, mal construída sobre a zona que pertence ao río e océano, estrangula a saída do porto de A Guarda e para colmo en estes momentos estanse facendo retranqueos e cambiando os farois de alumeado público. ¿Quen paga estes cambios?
Pomos algúns exemplos, praias sen limpar dende o Codesal ata Porto Madeiro, papeleiras zona da Armona sen recoller, sen colectores de lixo no Porto Madeiro, táboas rotas no paseo marítimo, chopos sen plantar, caminhos sen limpar e arranxar ...etc; resumindo estado de abandono total.
O Goberno presume en por “en valor o patrimonio natural do entorno do río minho”. Dende Esquerda Unida décimos que minten; en primeiro lugar tería que preocuparse da conservación permanente, segundo evitar os vertidos ilegais ao río Minho, terceiro eliminar as parcelas en zona marítima, cuarto separación das augas pluviais e de saneamento. Para Esquerda Unida isto non é unha mellora ambiental todo o contrario un ataque a natureza. O “Goberno Municipal” so malgasta o dinheiro público na zona urbana esquecéndose das cuestións de fondo antes mencionadas.
Sobre o saneamento xa falaremos, porque dende Esquerda Unida manifestamos que existe delito ecolóxico na Guarda (Fronte a esterqueira), e todos esconden a cabeza.
Estamos en “Semana Santa” e a imaxe que da A Guarda e de un pobo en estado agónico, sucio, as zoas mais bonitas e de lecer están en abandono total.
Dende Esquerda Unida solicitamos:
Protocolo permanente para a limpeza das papeleiras e colectores de lixo na ribeira do Minho e Océano
Protocolo para unha conservación permanente de tódalas instalacións públicas.
Protocolo anual para a limpeza das praias.
A Guarda a 18 de abril 2011
Asd. José Antonio González Morais.
No hay comentarios:
Publicar un comentario