16 de abril de 2011

HISTORIA DO ANTIFRANQUISMO GALEGO


Roi Cagiao - Xesús Alonso Montero - Luís González "FERREIRO"

O venres día 15 de abril no centro social de Ponteareas celebrouse a presentación do DVD, O MEU NOME É LUIS FERREIRO, unha historia do antifranquismo galego.
Despois de ver o documental dirixido por Roi Cagiao, os tres membros da mesa fixeron súas intervencións.
Roi falou da parte técnica e como é costume Xesús fixo unha vez mais unha magnífica e breve intervención, lembrou que a democracia esta moi lonxe, e que non é de recibo que se arranque a propaganda do acto, e que este silenciada pola prensa. Lembrou que o día 14 en Vigo a xuntanza dos mais de 1000 republicanos, coa intervención de Carlos Núñez foi silenciada por Faro de Vigo, Voz de Galicia, por nomear os periódicos mais lidos e que isto é terrorismo informativo. Puxo outro exemplo e dixo que se Belén Estevez falara en calquera praza habería 1000 mulleres, mulleres con fillos no paro, con ERES, con salarios cativos etc.., pero nos estarían as mulleres ricas, pero nesta cita non faltaría a prensa Faro de Vigo Voz de Galicia....etc. e cubrirían tres páxinas falando do esperpento. Rematou o acto co recordo a Ernesto Cardenal Martínez e dixo que somos soldados dunha causa derrotada pero invencible.
Luís Ferreiro rematou o acto falando sobre todo da parte final do documental e agradeceu aos asistentes súa presenza.

Ponteareas 15 de abril 2011


Asd. José Antonio González Morais.

No hay comentarios:

Publicar un comentario