29 de abril de 2011

FORTALEZA STA. CRUZ EN ABANDONO TOTAL

Compromiso de calidade turística: dí o "Goberno Municipal".
Tamén que saia en EURONEWS TV chanel.
"O teu pobo"

De acordo, e ao amparo do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, Esquerda Unida de A Guarda ante o Concello , desexa someter a consideración do Pleno a seguinte moción:

LIMPEZA DO INTERIOR DA FORTALEZA STA. CRUZ E APERTURA PARA DISFRUTE DA CIUDADANÍA.

A fortaleza Sta. Cruz forma parte do pobo guardés e a día de hoxe súas entradas están pechadas a pesar de haber inversión pública por parte da Consellería de Cultura e Deportes da Xunta de Galicia,en 909.000 € e 434.400 € cofinanciado nun 70% por INTERREG III-A,FORTRANS III programa europeo.

Na actualidade encontrase en pleno abandono e para Esquerda Unida os responsables son as chamadas autoridades políticas que tenhen o poder local, para nos un desgoberno.

Dende o exterior da a impresión de que esta cheo de matogueiras con unhas instalacións a medio facer, e as fiestras tenhen os vidros rotos, restos de materiais, árbores secos etc.

Este investimento non figura na propaganda demagóxica “o teu pobo”, seguramente foi por despiste ou por no facer público a súa incapacidade política.

Para Vostedes isto é “compromiso, calidade e destino turístico europeo de excelencia”. Os premios son concedidos por cegos, ou os mercan nas tendas chinas.

Dende Esquerda Unida solicitamos:

Remate das obras que no seu día deixaron a medio facer.

Limpeza e apertura das portas para disfrute da cidadanía.

Que as festas do Trega (Actuacións, entretenemento etc) se fagan no interior das murallas.

A Guarda a 29 de maio 2011

Asd. José Antonio González Morais.

No hay comentarios:

Publicar un comentario