23 de marzo de 2011

NON AS GUERRAS

CONCENTRACIÓN EN CONTRA DA GUERRA DE LIBIA

Esquerda Unida concentrarase, xunto con outras organizacións, este Venres 25, en rexeitamento da guerra en Libia e a intervención armada imperialista que se está a levar a cabo. CONCENTRACIÓN DIANTE DO MUSEO DO MARCO (VIGO) VENRES 25 ÁS 20:00H

ESQUERDA UNIDA CONTRA A INTERVENCIÓN IMPERIALISTA EN LIBIA

Esquerda Unida quere expresar a través deste comunicado o seu máis contundente rexeitamento á aprobación, por parte do Consello de Seguridade das Nacións Unidas, da zona de exclusión aérea en territorio libio, e en consecuencia á intervención militar no país.

Denunciamos que os medios de comunicación occidentais fixeron un uso absolutamente irresponsable da información referente aos conflitos sucedidos en Libia, descontextualizando e manipulando os feitos, coa finalidade de impor en Occidente unha visión demonizada do goberno vixente, tal e como fixeron no caso iraquí, e deixar o terreo ideolóxico ben preparado, para diminuír con iso as críticas por parte da cidadanía dos países occidentais.

Condenamos de xeito contundente a intervención militar na que están participando varios países, entre eles Espanha con seis avións, dous buques e cincocentos militares, e denunciamos a dobre rapadoira con que devanditos países xustifican os seus ataques baixo a escusa da defensa dos dereitos humanos da poboación libia, cando xamais moveron un dedo por defender estes mesmos dereitos humanos para pobos que están sendo sometidos a xenocidios e que ademais a ONU reconheceu nas súas propias resolucións, sendo os exemplos máis claros os pobos saharauí e palestino.

Non nos cabe dúbida e baseámonos en experiencias anteriores (Iugoslavia, Iraq, Afganistán) ao afirmar que estas intervencións, moi lonxe de buscar protexer á poboación, tenhen como único obxectivo a desposesión dos recursos naturais, petróleo e gas no caso libio, e con este fin xa se están reunindo os Ministros de Enerxía dos países atacantes para repartirse a porción do pastel que vai corresponder a cada un; todo iso sen importar en absoluto os asesinatos que poidan causar os bombardeos, que van polo medio centenar, ou o éxodo que están provocando os ataques occidentais entre os 700.000 vecinhos e vecinhas da cidade de Benghasi.

Entendemos que ha de ser o pobo libio o único actor para decidir a conformación do seu futuro como nación, e é o pobo libio o que ha de resolver os seus conflitos e non as

potencias imperialistas estranxeiras, cuxas intervencións militares só se poden traducir nun empeoramento das condicións de vida da poboación, na morte de traballadores e traballadoras libias e na destrución das infraestruturas do país.

 SE PODES ACUDE
Foto arquivo PCE.










No hay comentarios:

Publicar un comentario