23 de marzo de 2011

ATASCOS CONTINUOS NA RÚA JULIA VAQUERO

Ao fondo funil da rúa Julia Vaquero.
Disenho dos técnicos municipais.

De acordo, e ao amparo do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, Esquerda Unida de A Guarda ante o Concello , desexa someter a consideración do Pleno a seguinte moción:

CAMBIOS NA SEGURIDADE VIAL NA RÚA JULIA VAQUERO

Vostedes que fan para arranxar os continuos atascos que se producen na rúa Julia Vaquero.

Como saben Vostedes pintaron de cor amarelo o lado esquerdo (Casa Sousa) e sen pintar esta o lado dereito.

Tamén saberán que a raia que divide imaxinariamente a rúa non está pintada.

Que no lado dereito aparcan turismos e moitos deles están todo o día estacionados.

En horas punta a rúa se atasca porque moitos poden coller tres direccións, saír de fronte, lado esquerdo e lado dereito. Isto agravase cando un autobús quere coller dirección Tui.

Dende Esquerda Unida SOLICITAMOS:

Que o Presidente e responsable de tráfico, xunto cos especialistas fagan os cambios que estimen axeitados para solucionar este caos, estamos moi preto da semana santa, verán e o cristo esta montado.

Dende Esquerda Unida propomos que se pinte a raia central e carril para saída hacia a esquerda, saía de fronte, e para o lado dereito dirección Tui. Que non se poida estacionar en ambos sentidos.
A Guarda a 23 de marzo do ano 2011.

Asd. José Antonio González Morais.


No hay comentarios:

Publicar un comentario