As xuventudes sen futuro estamos en desacordo cos recortes que fixo o Goberno, Sindicatos e Patronal co silencio do PP e aplausos dos nacionalistas burgueses, o noso futuro será incerto e posiblemente viviremos peor que nosos pais. Despois de estudar cinco anos na universidade moitos encontrámonos en paro sen poder exercer a nosa vocación.
A crise capitalista non da resposta nin se preocupa de resolver o problema do paro xuvenil que é aproximadamente o 41%.
¿Cánto tempo estaremos nas listas do INEN?
As razóns son moitas, algunhas son:
1. A reforma laboral aumenta a temporalidade dos contratos, a flexibilidade laboral é unha tortura, deixa aos traballadores indefensos ante una negociación colectiva sendo o futuro incerto.
2. A reforma de pensións que non obriga a traballar mais, e reduce as cantidades que temos que percibir se cumprimos cos requisitos da lei.
3. As constantes propostas de facer todo privado nos leva por un camiño que favorece aos mais adiñeirados en prexuízo da maioría, que ten menos recursos. As futuras xeneracións terán peor educación, e quedaran empeñados para poder rematar os estudios, non poderán ter vivenda propia.
4. Nos somos unha xeración frustrada polo fracaso e barbarie do capital, sinalamos os culpables e queremos ser escoitados.
5. Queremos ser participes da sociedade para combater o actual modelo económico, laboral e político, queremos facer a luta social saíndo a rúa pacificamente e reivindicar outra forma de vida mais sostible , libre de nucleares e que a riqueza alimentaria sexa mellor repartida.
6. Dende Esquerda Unida facemos un chamamento a toda a xuventude para recuperar a nosa dignidade, expresar a nosa voz sabendo que só se solucionan os problemas se nos manifestamos colectivamente xa que temos o dereito a deseñar e construír o noso futuro.
TODOS XUNTOS PODEMOS
SÓ FALTA PORNOS DE ACORDO NA DATA
SAIAMOS A RÚA
Asd.Esquerda Unida
A Guarda a 30 de marzo 2011.
No hay comentarios:
Publicar un comentario