Isto é unha manifestación facha, impropia de un pais europeo.
Que nos diga Rajoy como soluciona o problema do paro.
Que diga de palabra e por escrito que cando sexa presidente do Goberno que nos baixen os prezos da luz, gas, gasoil, gasolina, ….etc
Cando un cidadán decide montar unha empresa ten que cumprir a lei e ponho como exemplo: Plano do local, permisos eléctricos, gas, sanitarios, licenza de apertura, empregados asegurados, non fumar etc..., e se non está de acordo que cambie de actividade.
Non é verdade que a cidadanía acude menos a cafeterías, bares..., e os que van están mais tempo e consumen mais, polo menos os non fumadores. En estes momentos da gusto entrar en calquera bar é unha gozada. Ademais é unha norma Europea apoiada polo Parlamento, e aceptada pola maioría da cidadanía. Se a cidadanía non acude a tomar unha consumición é por outras causas , e a principal é a falta de cartos.
Esperamos que se faga mais dura e se prohiba fumar nas instalacións deportivas ao aire libre.
Sobre o ruído das persoas que están na rúa fumando, falando é un problema de educación, de falta de respecto aos demais cidadáns. E se o ruído é molesto ten que intervir as autoridades pertinentes.
Os que non queredes cumprir ca lei, os que acudides a esta manifestación demagóxica indica que estamos moi lonxe de alcanzar a democracia.
Demagóxico tamen é decir que se prohibe fumar porque isto é unha falsedade tal grande como o universo.
Demagóxico tamen é decir que se prohibe fumar porque isto é unha falsedade tal grande como o universo.
Asd. José Antonio González Morais
A Guarda 10 de febreiro 2011.
No hay comentarios:
Publicar un comentario