21 de febrero de 2011

DEPORTE COHERENTE OU DEPORTE MERCENARIO


Se a Xustiza nacional funciona mal, ¿Cómo funciona a “xustiza deportiva”?.

A resposta témola co caso CONTADOR, un dos moitos mentiroso que temos que é apoiado polo ministro de deportes ZP.

Sabiamente a disciplina deportiva ciclista sancionaba a CONTADOR por só un ano, esta leve sanción é, por ser o mellor ciclista do estado...etc, non contento ca sanción decide apelar entre outras cousas porque “es una cuestión de honor”, verbas de CONTADOR ante a prensa.

Para nos que non somos científicos defendemos a analítica de sangre que é unha proba científica, que ten que ser apoiada por análises de urina, esta última menos fiable. ¿Porque non falan os científicos ante a prensa?.

Tamén afirmo que a tecnoloxía vai adiantada ao momento presente e hoxe en día existe doping molecular que de momento é indetectable.

Tódalas medallas son fraudulentas están manchadas na mentira e apoiadas polas institucións deportivas, institucións gobernamentais, prensa, radio e medios audiovisuais.

Lembro as sabias palabras de unha atleta que daba gusto vela correr como a grandísima Estela Estevez que manifestou que deixaba o atletismo porque había moitas e moitos tramposos. Tamén lembro as verbas da americana Sandra Meyers nacionalizada espanhola que dixo que para entrar en calquera final olímpica e mundial tense que estar dopado ou dopada. Curiosamente ela chegou a final olímpica sendo seu entrenador o grandísimo Manuel Pascua Piqueras. O mellor catrocentista que tivo o atletismo espanhol, díxome textualmente que nunca se dopou pero que facía, tomaba todo o que daban os médicos. Para min un dos mellores entrenadores do mundo o ruso Bondarchuk afirmou que as medallas se conseguen con axuda farmacolóxica. O xenial Sabino Padilla dixo que é científico e non médico...., e que para subir o Tourmalet, en bicicleta as velocidades actuais non se sube a montanha con xamón de xabugo.....etc. Cada un que pense o que queira.

Admiro aos atletas e deportista que non se meten chute, outra cousa é que tomen vitaminas para evitar catarros, anemias etc.

O deporte en xeral está adulterado, e venos como deportistas que non dan a talla nos seus países chegan a Espanha e son os reis do mambo. Exemplos moitísimos témolos en: fútbol, balonmán, atletismo, baloncesto, vaterpolo etc..., e para colmo algúns deportistas chegan a representar a selección nacional.

¿Que pasa no fútbol profesional...., as recentes mortes e lesións que terán de por vida os xogadores ¿Por que suceden?, ¿Queremos deporte espectáculo é profesional ou o deporte non profesional?. ¿Cal é a misión dos centros de alto rendemento?

Para min as normas tenhen que ser mais claras, e as sancións mais exemplares, isto é o fracaso do deporte profesional a crise do capital salvaxe que nos invade.

No deporte do Baixo Minho tamén móvese moita farmacoloxía........, o ideal é defender o deporte ata o límite persoal, pasar a raía é de mercenarios.



Asd. José Antonio González Morais

A Guarda a 21 de febreiro 2011



No hay comentarios:

Publicar un comentario