3 de febrero de 2011

NON A PRIVATIZACIÓN DA AUGA



De acordo, e ao amparo do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, Esquerda Unida de A Guarda ante o Concello , desexa someter a consideración do Pleno a seguinte moción:

NON A PRIVATIZACIÓN DA AUGA

Dende Esquerda Unida apostamos pola defensa da terra como produtora de alimento, afastada de actuación meramente especulativas, xa sexa polo ladrillo, AVE, enerxía…etc.

Lembramos que na última década os Gobernos privatizaron a auga, alcantarillado, limpeza, explotación e tecnoloxía relacionada ca auga.

As multinacionais Bechtel, Monsanto empresas americanas tratan de privatizar a auga no mundo e xa comezaron ca India, Bolivia e México. E pretenden controlar e privatizar os ríos. ¿Teremos unha guerra pola auga?

Esquerda Unida solicita aos concellos, que nos seus plantexamentos urbanísticos reserven como mínimo un terzo do seu solo para a produción de alimentos, manifestando o seu apoio a que os concellos se unan contra os transxénicos e criticando as directrices do territorio, que centran todo nas grandes urbes, esquecendo por completo o rural.

Esquerda Unida oponse a privatización da auga xa que é un ben universal, a Xunta de Galicia quere levar a cabo a privatización e desde Esquerda Unida propomos a negación de pagar o canon que penaliza o uso para vivir, lembramos que os montes son dos vecinhos e non dos políticos.

Dende Esquerda Unida Solicitamos:

Que no Pleno se debatan as propostas anteriores e os acordos sexan enviados a Xunta de Galicia, e Comunidades de Montes.


A Guarda a 4 de febreiro do ano 2011

No hay comentarios:

Publicar un comentario