5 de febrero de 2011

ATLETAS GUARDESES NA MEIA MARATONA MANUELA MACHADO


Luis co dorsal 1261 e camiseta verde
LUIS SÁNDEZ E BORJA CADILLA DO CLUB DEPORTIVO SAN XEROME, NA MEIA MARATONA MANUELA MACHADO (VIANA DO CASTELO -PORTUGAL)

Os atletas Luis Sández, de Tui, e Borja Cadilla, de A Guarda, do Club deportivo San Xerome, participaron o pasado fin de semán na XIII edición da Meia Maratona Manuela Machado na vila portuguesa de Viana do Castelo.
Masiva participación internacional e moi boa organización no evento, no que se combinaba a proba atlética cunha camiñada pola vila de Viana na que participaron máis de 1.000 persoas. 15 deportistas e adestradores do noso Club participaron neste paseo. A organización estivo impecable.
O keniata Evans Taieget, cun tempo de 1h03´21", foi o vencedor da Meia Maratona, seguido do ruso Oleg Kulkov, e o portugués Sergio Silva.
Borja Cadilla, mellorou a sua mellor marca en 3 minutos, facendo un tempo de 1h37´07"; e Luis Sández no seu debut na proba fixo un meritorio tempo de 1h45´33".
Borja ocupou o posto 675 e Luis o posto 1030, dos 1475 atletas que conseguiron rematar a proba (o último cun tempo de 2h33´19").
Noraboa a Luis e Borja, que seguen a sua preparación para o Campionato galego de campo a través. Noraboa tamén os seus adestradores Morais, Roberto Trigo , David Parada, Mario Lomba e Pepi Vázquez, polo seu enorme e solidario traballo.
Parada entrenador de baloncesto e fútbol
 José Carlos González Blanco

A Guarda a 5 de febreiro 2011




No hay comentarios:

Publicar un comentario