Proxecto europeo “Democracia participativa”. A través deste proxecto que se desenrolará durante todo o ano 2011, mozos e mozas do San Xerome e Avelaiña coñecerán as institucións democráticas locais, autonómicas e europeas, xunto con compañeiros portugueses.
Na fotografía aparece un grupo de rapaces dos Centros San Xerome e Cercipóvoa de Lisboa, no primeiro dos encontros realizados entre as duas entidades no ano 2004.
Un grupo de mozos e mozas dos Centros San Xerome e Avelaiña, viaxan hoxe a Lisboa no marco do Proxecto europeo: “JOVENES CON EUROPA: UN DIALOGO DE PARTICIPACIÓN E IGUALDAD”. Alí participarán, ata o domingo dia 30 de xaneiro, en diferentes actividades con mozos e mozas do Centro Cercipóvoa da localidade de Santa Póvoa de Iria, situada a 30 minutos de Lisboa.
O Proxecto consiste no acercamento de xoves con discapacidade intelectual i enfermedade mental as institucións democráticas, dende o ámbito local ata o Europeo.
Os obxectivos son o coñecemento das institucións e o seu funcionamento, valorar as decisións que se toman con respeto a discapacidade e achegar as inquedanzas e propostas os responsables das decisións.
Os participantes serán 16 rapaces e rapazas galegos e portugueses, coordinados dende o Centro San Xerome Emiliani, que tentarán que se escoiten as suas propostas para mellorar a sua realidade
Nos próximos meses o grupo viaxará a Madrid e Bruxelas, grazas a concesión dunha axuda da Acción 1 “Juventud en Europa” do Ministerio de Sanidade e Politica de igualdade
Carlos González Blanco
No hay comentarios:
Publicar un comentario