14 de enero de 2011

RÚAS PARA MARCELINO CAMACHO


ESQUERDA UNIDA TEN REXISTRADAS MOCICÓNS PARA O RECONHECEMENTO DO LÍDER SINDICAL MÁIS IMPORTANTE DO SÉCULO XX EN ESPANHA EN DIVERSOS CONCELLOS GALEGOS COMO VIGO, COMPOSTELA, A GUARDA, A CORUNHA OU CAMBRE

ESQUERDA UNIDA ESTÁ A DESENVOLVER UNHA CAMPANHA NOS CONCELLOS GALEGOS PARA QUE SE RECONHEZA A IMPORTANCIA DE MARCELINO CAMACHO A TRAVÉS DA ADXUDICACIÓN DUNHA RÚA OU PRAZA

EU TAMÉN PROPÓN NAS MOCIÓNS QUE SE DE TRASLADO DOS ACORDOS PLENARIOS AO SINDICATO CCOO E AOS FAMILIARES DO DIRIXENTE OBREIRO PARA QUE TENHAN CONHECEMENTO DO TRIBUTO QUE LLE BRINDA A CIDADANÍA GALEGA

O 29 de outubro de 2010 producíase a morte do histórico líder de CCOO, Marcelino Camacho, que nos deixou aos 92 anos, despois dunha longa enfermidade. Camacho, dirixente obreiro e comunista, defensor da liberdade e dos dereitos dos traballadores e traballadoras, dedicou toda a súa vida á conquista dunha sociedade máis xusta e solidaria. Tanto na guerra como no exilio, na ditadura ou na liberdade sempre loitou xunto aos traballadores e traballadoras.

A súa vida estivo dedicada á loita polos seus ideais, polas liberdades deste país e pola defensa dos traballadores e traballadoras. Foi un dos fundadores de CCOO na clandestinidade e, por iso, en 1967, detivérono no chamado “Proceso 1001” onde o condenaron a 20 anos de prisión. Saíu en 1975 por un indulto real, aínda que despois volveríano a deter. En 1976 elixírono membro do Comité Executivo do PCE e Secretario Xeral de CCOO, organización sindical que dirixiu até 1987. Como Secretario Xeral de CCOO convocou en solitario a primeira folga xeral en 1985. Ademais, tivo unha destacada presenza nas mobilizacións contra a OTAN de 1986 e nas estudiantís do curso 86/87. En 1977 foi elixido deputado por Madrid pola lista do Partido Comunista.

Dende o mes de novembro Esquerda Unida está a desenvolver unha campanha nos concellos galegos para que se reconheza a importancia de Marcelino Camacho a través da adxudicación dunha rúa ou praza.

Asemade, EU tamén propón nas mocións que se de traslado dos acordos plenarios ao sindicato CCOO e aos familiares do dirixente obreiro para que tenhan conhecemento do tributo que lle brinda a cidadanía galega.

A campanha para o reconhecemento do líder sindical máis importante do século XX en Espanha xa ten rexistradas mocións en diversos concellos galegos como Vigo, Compostela, A Guarda, A Corunha ou Cambre e seguirá desenvolvéndose durante os próximos meses.

A Guarda a 14 de xaneiro de ano 2011

No hay comentarios:

Publicar un comentario