23 de diciembre de 2010

SAN XEROME 30 ANIVERSARIO


SAN XEROME: INTENSO INICIO DO CURSO DO 30 ANIVERSARIO

Relacionamos a continuación a apretadísima axenda das actividades realizadas polos diferentes Servizos do Centro San Xerome Emiliani, nos catro primeiros meses do curso 2010-1011.

Estas actividades incrementaranse a partir do próximo mes de xaneiro, coa realización de diferentes actos conmemorativos dos 30 anos de existencia do Centro: 1981 – 2011.

Todo elo reflexarase na nova páxina web do Centro( www.sanxerome.com) , reformada, accesible e dinámica a partir do próximo mes de xaneiro.

Setembro

Dias 4-5: Mercado Solidario en Gondomar e venda de productos na Festa da Poesía de Salvaterra, xunto coas Asociacións Avelaiña, Vontade, Cogami Mos, Aceesca e Alento.

Dia 11: Paseo en bici e tren : A Guarda – Viana do Castelo (Portugal) – A Guarda , co Club de Ocio.

14: Vendima en Terras Gauda (Goián) das Unidades educativas.

15: As unidades educativas fan senderismo pola Pedra Furada (Tomiño)

15: Cedi visita unha escola de equitación en Monçao

20,21,22: Curso Taller de formación en PECS básico, de 20 horas presenciais, impartido por Sonia Vilaltella Verdes de Pyramid Educational Consultants – España (Organizado por G Prodis).

24: Asamblea do Agader en Mos

24-27: Mercado Solidario nas Festas do Cristo en Porriño.

Outubro

Dia 2: Inicio tempada deportiva coa incorporación de novos integrantes das unidades educativas, e novos adestradores voluntarios para complementar as actividades deportivas desenroladas polo cadro técnico anterior que continús facendo a sua labor.

9: Asamblea de inicio do Curso da ANPA, Elena Otero ratificada como Presidenta.

15: Visita a empresa Galopín en Cerceda

16: Actividade no Picadeiro O Rancho (Mougás).

20: Liga galega de fútbol sala (2ª xornada)

21: Feira galega do voluntariado en Area Central (Santiago), con alumnos do IES.

27: Participación no seminario “Empresas de inserción laboral”

28: As unidades educativas visitan as instalacións do Faro de Vigo

29: Festa do Samaín no Cole.

Novembro

Dia 6: O Club de ocio celebra o cumpleanos de Maite Santos e Vanesa.

8: Rafting en Arbo con alumnos do IES A Sangriña

8: Lucía e Cándido Oliveira da empresa Caparosa ( Nine - Braga), donan calcetíns para o séctor pre laboral, para financiar actividades de ocio.

9: Actividade do CEDI na Panadería Morales de A Guarda

10: O equipo de baloncesto feminino da categoría de competición acada o segundo posto na Liga galega, unha vez disputada a terceira e derradeira xornada. Un grupo de rapaces do Centro animaron ó equipo nas Pistas de Balaídos.

11: Magosto conxunto no Cole. Castañas con percusión, música folck, aeróbic, karaoke

12: Visita dun grupo de pre laboral o Hospital para acompañar a Rosa María, recén operada.

13: Presencia do Club deportivo na inauguración das novas Pistas de atletismo no campo de A Mata (O Rosal). Borja participa na carreira inaugural .

15: As unidades educativas visitan as Adegas Lagar de Fornelos do Rosal

15: Cedi visita a fábrica de conservas A Rosaleira, no Rosal

16: Cedi visita o Museo do Mar en Vigo

17: As unidades educativas continúan coa actividade nas Adegas Lagar de Fornelos do Rosal

18: As unidades educativas participan en Vigo nas actividades escolares de Caixanova (Oba de teatro “Spinderella”)

19: Presencia no IV Seminario sobre discapacidade e saúde mental, organizado por Fademga en Santiago.

19: Proxección do vídeo “O Sexo sentido” na Asociación Amipa de Padrón, co coloquio posterior cun grupo de mozos e mozas do noso Centro.

20: Magosto no Cole, organizado pola ANPA (60 persoas)

20: Participación de Borja Cadilla na III Carrreira popular Oscar Pereiro en Mos (Posto 462, de 904 participantes).

22: Reunión coas familias para explicar o novo Proxecto – Cedi.

23: Cedi, participa nunha actividade pedagóxica nun dos Muiños do Folón (O Rosal).

24: O equipo de fútbol sala do San Xerome, consegue o segundo posto na Liga galega de fútbol sala da Fegaddi. O Racing de Chapela son os novos campións galegos, e San Rafael terceiros.

24: As unidades educativas participan nas actividades escolares de Caixanova (Cine submarino)

25: A Fundación Igualarte realiza unha convivencia lúdico – deportiva no noso Centro (fútbol, comida, visita os viveiros, discoteca ...).

25: Elección dos diferentes representantes dos estamentos implicados no Consello escolar das Unidades educativas.

26: As educativas nas actividades escolares de Caixanova (Cine submarino)

27-28: Curso de iniciación a Ecoagricultura (Enrique Banet - Galiza verde), Forcarei.

29: As educativas na Granxa escola “O Kiriko” (Act. Caixa nova)

30: Constitución oficial do Consello escolar do Centro educativo.

30: O CEDI, visita os viveiros do Toxal

Decembro

Dias 1,2,3: Curso de sistemas alternativos de comunicación, organizado por Fademga en Santiago.

2: Acto institucional da Fundación tutelar Sálvora no Centro Social Caixanova (Vigo).

10: As unidades educativas nas actividades para escolares de Caixanova (Vigo) (Cine “El lince perdido”)

10: Visita dos Paxes reais do Corte Inglés.

11: Participación do equipo adaptado de fútbol sala no I Torneo de FS da Fundación Michel Salgado (Pavillón do Berbés – Vigo), xunto cos Clubes San Rafael, Praia de Samil e Juan XXIII. Perdemos na final co Club San Rafael. Dani consegue o trofeo ó mellor xogador, e Kike o de mellor porteiro do torneo.

13: Cedi visita o Taller de gaitas artesanais de Alfonso, no Rosal.

14: Cedi visita o departamento educativo do Verbum (Casa das palabras), en Samil (Vigo).

14-15: Participación no Curso de 12 horas “Liderar proxectos organizativos sostibles en tempos de cambio”, organizado por Algalia en Santiago.

15: As unidades educativas no Talaso Atlantico (Oia)

17: Os traballadores da empresa de xardinería celebran unha cea cun grupo de compañeiros e monitores a chegada do Nadal.

18: Participación no Mercado Solidario en Tui ata o 5 de xaneiro, xunto coas Asociacións Avelaiña, Vontade, Cogami Mos, Aceesca e Alento.

19: Guillermo, traballador da empresa de xardinería, viaxa a Bilbao en avión para pasar o Nadal coa sua irmán.

19: Borja Cadilla, participa na proba popular aberta en Vigo “49 gran premio pedestre do Nadal - Carreira do pavo 2010” (Posto número 82 )

20: Reunión coas familias dos participantes no proxecto europeo “Democracia participativa”.

21: Celebración do Nadal na Discoteca Zeppelin de A Guarda (Educativas e Cedi), e visita de Papá Noel.

22: Regalos do amigo invisible, e comida no Restaurante O Castillo (Educativas), e no Restaurante Juan (Cedi e prelaboral).

23 decembro – 5 de xaneiro: Campaña de Nadal na Tenda Atalaia do noso Centro
 
ADEMÁIS:

• Empeza a funcionar o Piso con apoio (Subida ó Torroso). Grazas a concesión dunha axuda de La Caixa para o Proxecto: “Próxima estación… vivimos sós”

• Dende o mes de agosto, trala concesión do mantemento dos xardíns do Concello de A Guarda, xa están a pleno rendimento os novos traballadores da empresa de xardinería (6 empregados con discapacidade, máis dous monitores).

• Prácticas en empresas de usuarios do Sector prelaboral (ATSA, Talleres Rubio, Codema, Brotes, Prelo, Corema, Carpintería Urgal , Catering Alessa…)

• 2 novas traballadoras a través do Plan de cooperación

• Xerock (música) e Xeratrium (teatro) retoman a sua actividade.

• Revisión podolóxica dos usuarios/as por parte da Clínica Pesán

• Alumnos/as das unidades educativas inician as prácticas na empresa ordinaria (Concello do Rosal, e Pastelería Alameda)

• Participación das Unidades educativas no Curso “Materiais e recursos didácticos innovadores” (Santiago).

• O equipo de baloncesto feminino estrea vestiario, grazas a unha subvención do Concello da Guarda.

• Un taller conxunto de Cedi e pre laboral, fanse cargo do reparto da cartelería do Concello de A Guarda

• Cedi e Pre laboral inician unha actividade conxunta na Biblioteca da Guarda, e a decoración do comedor (“Proxecto comedor”)

• O Injuve subvenciona con 30.000 € a actividade “Democracia participativa”, a celebrar ó longo do ano 2011 en coordinación San Xerome – Avelaiña - Cercipóvoa (Lisboa).

• Participación dun grupo de usuarios da vivenda con apoio nun obradoiro de “Vida autónoma”, organizado pola Cruz Vermella de A Guarda, e noutro de emancipación xuvenil da OMIX do Concello do Rosal

• A sección de atletismo do Club deportivo, realiza adestramentos extras para mellorar a posta a punto. Primeiros adestramentos nas Pistas de atletismo da Mata no Rosal

• Reunións de PCP (Planificación centrada na persoa) de varios usuarios/as.

• Reunións mensuais : xerentes, grupo de traballo das traballadoras sociais, comité executivo da Fundación G Prodis , Mercado Solidario, ANPA e Xunta Directiva da Asociación.

No hay comentarios:

Publicar un comentario