7 de diciembre de 2010

MALOS VENTOS


Os privilexios dos controladores aéreos están dende a época do ferrolán Pakinho. Ca luta da cidadanía.....etc, termina o réxime ditatorial e fascista, imponhenos a transición que para algúns é democracia sendo na realidade unha ditadura encuberta. Ponho algúns exemplos o actual rei que non xurou a constitución, lei de partidos e lei electoral inxusta, desfase da actual constitución, falta de control no gasto do Goberno e Autonomías, xuíces da Audiencia Nacional que non cumpren cas súas obrigas, estando a favor dos estados, esquecéndose dos cidadán, decretazo co estado de alerta incumprindo a lei, sobre os privilexios dos políticos non queren falar etc…….

O Goberno atácanos ca reforma laboral para os que ganan entre 1000 a 2000 €, retirada das axudas para os que non tenhen nada, subida de impostos (luz,tabaco...), e para os controladores aéreos, sindicatos da clase obreira privilexiada o Goberno é condescendente, o próximo será a lei de pensións....., que é igual a mais precariedade para os mais débiles.

Os que Gobernan tratan de solucionar o problema con privatizacións para contentar o capital, ou mercados.

O Blanquinho, impotente e incapaz ten que chamar a Chacón e Rubalcaba para que lle saquen as castanhas do lume.

Traballadores, cidadanía temos que movernos e temos que dar canha porque os que gobernan e nos que nos gobernarán importámoslle un callallo.

Unha vez mais os sindicatos están semicalados, notan que súas cadeiras están perdendo estabilidade, estando a espera dos próximos acontecementos.

Resumindo o PP e controladores aéreos casi fan un golpe de estado.

Non sei o que pasará pero os ventos son fudidos.





Asdo. José Antonio González Morais

No hay comentarios:

Publicar un comentario