21 de diciembre de 2010

FOLGA EN VIGO CONTRA A DEREITA

Camaradas do PCG

O día 18/12/2010 realizouse unha manifestación conxunta dos sindicatos UGT e CCOO, partiu do cruce da vía Norte e rematou na rúa Montero Ríos.
En Vigo deuse a casualidade de que xogaba o Celta en Balaidos, partido de balonmán no pavillón das Travesas,  as rúas de Vigo estaban ateigadas de xente facendo compras do Nadal ou paseando, en resumen a cidadanía e a maioría dos traballadores deron as costas a manifestación.
Da a impresión que a crise é asumida que a mensaxe dos gobernantes cala lentamente e aceptase a subida de dous anos ata o día da xubilación, teremos que traballar ata os 67 anos, recortes sociais e aumento dos impostos.
O PP e PSOE son conhecedores de que sen facer nada xa tenhen o 33% dos votos, os sindicatos están enfrontados e moitos traballadores están desencantados do traballo sindical realizado.
Na taberna fálase moito da carestía de vida luz,auga, carburantes,tabaco ...etc. O lóxico sería que os traballadores non foran a Balaidos nin ao balonmán, deixar as compras para outro día e deste xeito os gobernantes daríanse conta da forza obreira.
¿Ónde está a conciencia política da sociedade e da clase traballadora? outra percepción é que a cidadanía acepta un cambio de partido político e pensa que o incapaz Rajoy resolverá a crise e aumentará o traballo, pasará o tempo e moitos tiraranse dos pelos.
Se ZP fixera a luita contra o fraude fiscal as pensións estarían aseguradas para o século actual.¿Cando se falará, actuará sobre este tema?
Dende Esquerda Unida non queremos perder os dereitos adquiridos e defendemos o estado social, e seguiremos na luta a pesar dos inconvintes.
Cabeceira do grupo de Esquerda Unida


A Guarda a 21 do Nadal 2010

No hay comentarios:

Publicar un comentario