7 de noviembre de 2010

DIRECTIVA CLUB TENIS CODESAL


Xunta Directiva do Club Tenis Codesal

O Abaixo asinante, José Antonio González Morais, como socio do Club, en resposta persoal ao escrito das queixas que realizamos varios socios, manifesto o seguinte:

As queixas eran varias e Vostedes só mencionan unha, afirmo que minten unha vez mais e repito que as votacións foron ilegais, xa que non existiu control das votacións, e votaron persoas que nos son socios. Lémbrolles que na primeira votación eran maioría as persoas que rexeitaban a entrada a non socios e Vostedes fixeron todo o posible para que se anulara dita votación. A realidade é que estes feitos (Votacións), son e foron un mal de tódalas xuntas directivas que estiveron ao frete da dirección do Clube. Como proposta direilles que para realizar unha votación xusta e coherente ten que ser con furna e listaxe de socios de nº, ou con cartolinas de cores distintas que tenhen que retirar os socios con dereito a voto antes da reunión.

O Club é privado, para os socios de nº e familiares e nos estatutos non existe artigo que diga que poden entrar persoas non socios, só poden entrar con invitación e control, polo tanto non podedes rexeitar a queixa que presentamos.

Tamén incumprirdes os estatutos no artigo nº 17, feito gravísimo e con unha falta de respecto a tódolos socios que pagaron a cuota de entrada, deixando o Club sen aproximadamente uns 10.000 €. E logo presentades a proposta de derrama para liquidar a débeda contraída. Tamén incumprides os artigos 19 e 20.

Nas contas do Club aparecen gastos en limpeza que corresponden a gastos que para nos as ten que pagar o cantineiro e os socios non tenhen porque cargar con estas cargas.

Incumprides a lei antitabaco, e as portas continúan abertas e falo da porta do salón. Os periódicos, revistas terían que estar na zona dos non fumadores, os que non fumamos temos que molestar aos cantineiros ou pedirlle algún socio que nos traian os periódicos da parte dos fumadores, ademais para acceder a terraza exterior temos que pasar pola placa dos vestiarios, porque senón témolo que facer por a zona dos fumadores. Ninguén lle chama a atención a unha rubia e con deficiencia física que pasa ao salón sempre co cigarro prendido , sempre se para e dálle unhas caladas para que tódalas persoas a vexan, os cantineiros nunca lle din nada.

Nas xuntanzas sempre faltades ao respecto a tódolos socios, só vos falta o insulto, as asembleas son para presentar as queixas, propostas, aclaracións etc..., e as reunións tenhen que durar o tempo que sexa necesario.

Estades pagando os servizos do Clube por duplicado, exemplo: arranxos varios, poda dos árbores, limpeza das pistas etc… ¿Para que temos un empregado?

O mantemento do Club é caótico redes sen atar, calvas nos xardíns, iluminación incorrecta das pistas, mal regulados os focos, rede das pistas en mal estado, o arranxo das pistas de tenis quedaron mal etc....

Unha pésima xestión do Club exemplo: unha pista de tenis so para os socios, xa que dúas están para as clases de tenis, unha para o torneo interno. Como proposta digo que o torneo para socios se xoguen os fins de sema, así os socios terán dúas pistas, de luns a venres.

Existe un trato desigual entres socios xa que os que xogan no torneo ilegal de inverno poden coller pista con días de antelación para xogar os seus partidos, e os demais non podemos facer o mesmo. ¿Ónde esta o respecto para os demais socios?

O senhor contable sabe moito de contas, por iso as fai tan ben, e incluso os especialistas, falo de economistas, din que están feitas a machada. Estou seguro que non o fai con mala intención pero creo que tería que esforzarse un pouco mais para que sexan entendidas pola maioría dos socios.

Existen varios runs, runs, polo Codesal, un deles é que o senhor cantineiro non trata aos socios por igual, non sei se podedes facer algo para que non exista tal discriminación.

Que o senhor presidente utiliza o Club en beneficio propio, co visto bo da directiva.

Os que sacan lucro a conta das instalacións do Club ¿Que aportan?.

O escrito que me entrégaste en man fareino público, entregando unha copia a cada asinante da primeira queixa que presentamos, igual que este escrito persoal.

A Guarda a 07 de novembro do ano 2010


No hay comentarios:

Publicar un comentario