28 de septiembre de 2010

SOBRAN RAZÓNS




Nos medios audiovisuais, constantemente nos lembra que a folga xeral para o día 29 de setembro non é necesaria en estes momentos.
Persoalmente penso que tería que ser antes, e como di o refraneiro popular “vale mais tarde que nunca”, e tódolos traballadores terían que acudir a manifestación a Vigo para demostrar que a cidadanía non é parva.
O PSOE, PP e tódolos Nacionalistas son partidos de dereitas, a súa política económica cheira a escravitude, desprezo, humillación …etc.
Estamos de acordo que os sindicatos na súa maioría so viven das subvencións, pero temos que lembrar que son necesarios para ter equilibrio social e os traballadores tenhen que tomar conciencia sindical e política para ter unha sociedade mais xusta.
Moitos falan da liberdade de acudir a traballar, a patronal ante unha folga coacciona a tódolos traballadores para que acudan a seus postos de traballo, se non o fan, son ameazados de despido, ¿isto é democracia? Non chega con perder o día e o ingreso na seguridade social, vacacións....
Os actuais políticos falan de democracia e isto é unha gran mentira, estamos nunha DICTADURA DEMOCRÁTICA, temos o voto secuestrado polos políticos con grandes privilexios e que non renuncian a eles.
Fago un chamamento a tódalas mulleres que fan traballo doméstico que acudan a folga, xa que Zapatero non cumpriu de que as empregadas do fogar pasen ao Réxime da Seguridade Social, estas mulleres seguen na escravitude.
A nosa xuventude está no paro e aproximadamente sitúanse no 40% e un 60%, os que traballan con contrato parcial, polo tanto unha xuventude enganhada. ¿Cal será seu futuro? ¿Onde está o Estado do benestar?
A Xuventude é a primeira que debería acudir a folga.
Mirade cara Europa, eles tenhen conciencia das futuras e nefastas políticas encontra dos traballadores, que non te pare a DITADURA DEMOCRÁTICA. Un pais ca xuventude inerte e un pobo que non ten futuro.
REFORMA LABORAL = MAIS CRISIS, MAIS INESTABILIDADE....A BARBARIE isto nos leva a:
Facilidades para o despido. O despido será barato. Empeora o sistema de contratación. Elimina a protección xurídica. Elimina a negociación colectiva. Fortalece as ETTs. Menos gasto público. Mais beneficios para as caixas/bancos. Reforma das pensións.

FACEDE UN ESFORZO, ACUDIR A FOLGA


Asd. José Antonio González Morais.

No hay comentarios:

Publicar un comentario