6 de septiembre de 2010

RECUPERACION DO MONTE BAIXO DE CAMPOSANCOS



O abaixo asinante José Antonio González Morais, representante do Grupo Municipal de Esquerda Unida, no Baixo Minho, presenta a seguinte Moción ao obxecto de ser incluída na orde do día do Pleno ordinario e debatida no mesmo coa seguinte:

PROPOSTA DE MOCIÓN:

Unha ves mais lembramos que fai pouco tempo en Camposancos extraíase area dende a Laminha ata o Puntal. Se paseas por estes lugares decátaste das covas, caminhos feitos polos tractores camións que realizaban a mencionada extracción de area.
Nos terreos de Riego, antiga fábrica de terrazos podemos ver unha montanha de area da necesaria extracción do río Minho. O espectáculo non favorece a seu entorno e molesta moito as persoas que disfrutan da praia, cando fai vento sae voando ferindo as persoas, dor no corpo, area nos ollos.
Dende Esquerda Unida propomos que esa area se deposite nas covas da Laminha ata o Puntal para recuperar o monte como era antes e que tódolos guardeses e visitantes disfruten das nosas praias e monte. Se este monte estivera limpo sería moi útil para o pobo, e o principal sería a creación de postos de traballo. Tería que ser un pulmón de a Guarda, igual que os terreos do Castelo de Santa Cruz.
Que se ponhan en contacto cos senhores especialistas de medio ambiente para realizar esta recuperación ecolóxica.
Dragar o río e moi necesario e recuperar o monte baixo de Camposancos tamén e seu custo e mínimo. Creemos que a prioridade primeiro é para nos e logo para compartir ca rexeneración de outras praias de Pontevedra.

DENDE ESQUERDA UNIDA SOLICITAMOS:

Retirada da montanha de area depositada nos “terreos” de Riego.
Recuperación do monte baixo de Camposancos depositando area nas covas dende A Laminha ata o Puntal.
Que o estudio desta proposta se faga cos Técnicos de Medioambiente.

A Guarda a 6 de setembro 2010.

1 comentario:

  1. ---Hola ToniÑo, xa rectificaste (covas da LamiÑa é Rio MiÑo)sigues retroactivado.....vaya por...Dios...

    ResponderEliminar