A realidade e moi distinta un paseo marítimo, ou senda litoral que estrangulou a Guarda co visto bo de tódolos partidos políticos e organizacións caza subvención como Anaban, (Presumen de ser os únicos en por alegacións, non os vin dar a cara ante as máquinas cando estaban traballando, a verdade é que algún deixaría de ser agradecido da casa).
Circunvalación a Camposancos sen realizar. A estrada dende o cemiterio de A Guarda ata Camposancos é moi perigosa así como dende as Torres ata a Katanga. A cidadanía de Camposancos demanda esta mellora. (E o presidente do Concello vive en Camposancos, a verdade é que non se enteira de nada, o “do patrol” o ten acoquinado).

Empedrado de camiños ca parte rugosa e cortante hacia arriba para que se un cae deixe o pelexo na rúa, e cando chove se andas polo liso, a auga chégate ata os tornecelos. (Camiño do Couto,......etc).

Rúas sen pintar exemplo: R/Rosalía de Castro, R/do Porto...etc

Semáforos sen funcionar: A Sangriña.

Estación de autobuses da Sangriña paralizada. (Autobuses e taxis no centro de A Guarda).

Contenedores de lixo sen recoller nos fins de semana.

Praias sen limpar como a do Codesal. Peiraos do Codesal e Armona sen arranxar.

A verdade e que o “goberno” ten moita sorte, porque a oposición na Guarda non existe. O “jalejiño” esta moi contento, e quere formar parte do novo “goberno”, así o Presidente do concello terá “jaiteiro real”.
A Guarda 09/2010
Asinado: O MINHOTO
No hay comentarios:
Publicar un comentario