21 de agosto de 2010

MIÑOTO NA FESTA DO TREGA 2010

ALGÚNS DA BANDA NEGRA E COMPARSAS NON RESPECTAN O PATRIMONIO DE TODOS E TODAS

DESPOIS DE XANTAR CANTAR E BAILAR. ASI ERA ANTES

ALGÚNS FACENDO ESPECTÁCULO NO TELLADO.

UN QUE SUBE A XANTAR O DÍA DO MONTE TREGA
Rematou a festa do monte Trega, e un ano mais algúns non respectaron o patrimonio do Trega. ¿Onde estaba o “licenciado arqueólogo”, caza subvencións e fotografo oficial?. Seguramente estaba durmindo a sesta para facer unha saída nocturna e colocar as pedras que caeron ao chan e limpar os petróglifos de viño..
Unha vez mais a romaría vai a menos, e este ano acudiu menos cidadáns que no ano anterior. Será pola crise ou polos incapaces que din que son “Goberno”, “Organizadores” da subida ao monte Trega, posiblemente tiñan atordamento polo son dos tambores e fosen ata “cova da pedra furada” para deliberar.
É moi curioso que algunhas bandas suban pola estrada pola dereita, en vez de facelo pola esquerda, e deixar que os turismos suban pola súa dereita. Queremos facer unha pregunta: ¿Cando deixarán de subir coches a partir das 12 da maña? É de todos coñecido que a hora de subida ao monte faise a partir das 12 do medio día, e unha minoría seguen ca tradición de subir a pe, así como as bandas dos barrios do pobo.
Cando chegas a casa forestal un se decata que moitos collen sitio o día anterior, montan toldos e non deixan espazo para pasar, meten os coches de calquera maneira un auténtico dislate e unha falta de coherencia e respecto polos demais.
Cóntanos cinco grupos que festexaron a romaría como en tempos antigos, que bailaban e cantaban cancións, bailes populares a ritmo da gaita e pandeireta, tamboril e bombo tradicional.
Cando se remata de xantar aproximadamente as 16 horas, prodúcese unha estampida, e a xente de media idade recolle todo o xantar que sobrou, material e lisca dos arredores da casa forestal, pensamos que baixan ata o parque do Cancelón. Unha minoría queda a cear e baixa a partir das 21 horas.
Un dos mellores lugares para comer estaba cheo de maleza, os “sabios” de medio ambiente, están facendo do Trega un monte patético, co visto bo das comunidades de montes. Seguramente están agardando que algún vixiante do monte prenda lume.
Os da Comisión e terían que haber colocado letrinas nos arredores da casa forestal, parte alta e parte baixa.
Un ano mais os da COVA DA PEDRA FURADA, non darán contas, para seguir co talante e rutina da desinformación, e logo presumir de democráticos etc...
Tampouco ollamos melloras no monte ¿Que fan os que dirixen o Padroado? Por falta de cartos non será e ademais as comunidades de montes terán que axudar para facer melloras. O ideal sería que cada ano se fixera algo útil e ademais que houbera proxectos para o futuro.
En Chans o parque-merendeiro ten un estado lamentable, a limpeza non se ve por ningures. O señor das empanadas con bechos podía haber ordenado que a zona recreativa de Chans estivera limpa.
A pesar de todo se para o próximo ano temos saúde, seguiremos subindo ao monte Trega.

No hay comentarios:

Publicar un comentario