2 de agosto de 2010

ATENTADO TERRORISTA CONTRA OS TRABALLADORES



Para calquera persoa traballadora, a reforma laboral é una atentado terrorista Gobernamental

Todos nos lembramos cando a militancia simpatizantes do PSE berraban “no nos falles” Zapatero. Pois o texto aprobado polo PSOE na Comisión de Economía do Congreso e un atentado terrorista contra os traballadores é un recorte sen precedentes na historia de Espanha. Adeus a calidade de vida para os traballadores, Zapatero favorece aos grandes empresarios e Banqueiros.
Con estas medidas o paro aumenta e para o ano 2011 os despidos serán masivos, creo que pasaremos dos cinco millóns de parados. Zapatero dálle igual o nº de parados que tenha Espanha, e nos apresará con mais impostos, mais conxelacións de pensións, alargamento na cotización para a seguridade social, conxelación dos salarios, imposto para ir ao médico ou retirar medicamentos.
Quen ganha son os empresarios polo abaratamento do despido, despidos improcedentes con unha indemnización de 33 días por ano traballado, despidos por causas económicas e indemnizacións de 20 días por ano traballado.
Zapatero non quere controlar e por impostos aos bancos, e buscar nos paraísos fiscais as grandes fortunas que non pagan impostos.
A crise que a paguen os banqueiros e non a cidadanía, dende Esquerda Unida de A Guarda a folga xeral é necesaria pero tinha que ser realizada moito antes, a culpa é dos parasitos e aburguesados sindicalistas.
O traballador teríase que revelar contra o goberno e reclamar a luta polo emprego con 35 horas semanais, defensa do Estado social , defensa do sistema público de pensións, control e democratización da economía , participación do traballador na empresa, aposta polo cambio de modelo produtivo, reforma fiscal progresiva para todos (banca grandes fortunas etc...), creación de unha banca pública con reforma da Lei de hipotecas
TRABALLADOR PARA SETEMBRO A FOLGA XERAL
MAS ADIANTE NIN PSOE NIN PP NIN NACIONALISTAS
Asd. José Antonio González Morais

No hay comentarios:

Publicar un comentario