KAMPOSINO MINHOTO
Saíu o boletín do concello de A Guarda xunho 2010 e unha vez mais non di onde foi impreso.
Unha das noticias é a “conquista” de dúas bandeiras azuis, os técnicos de medio ambiente son uns fenómenos seguramente fixeron o informe de noite.
As praias en semana santa daban vergonza e os peiraos do Codesal e Armona segen sen estar arranxados, so están acondicionando os peiraos do Bº da Pasaxe (Cheira a esturro). As praias do Codesal, Laminha dan noxo do lixo que tenhen e da falta de servizos.
Unha gran noticia é que facer o caminho da raia amarela é “deporte”. O concelleiro de deportes do concello, de a Guarda reflexa o seu conhecemento en esta materia. Esta gran idea tería ser proposta no Pleno, enviala a Xunta, Parlamento para que sexa incluída na IAFF e sexa considerado deporte olímpico. En estas marchas van moitos que presumen de laicos e unha considerable cantidade de pecha tabernas, dentro de pouco tomar unha birra tamén será deporte.
Chama a atención que para facer unha visita ao monte Trega, Torroso se faga de noite para “ver” moito mellor os petróglifos. O guía será o “antropólogo – arqueólogo etc... ” “ Antolín o Gnomo”, conhecido como o caza subvencións, e lamecus do Goberno de turno.
No boletín non ollamos nada sobre a senda litoral (Delito ecolóxico e medioambiental), tódolos partidos políticos son culpables desta desfeita. ¿Onde está o esforzo do concello?, perdón decateime que tódolos esforzos foron empregados en conseguir as bandeiras azuis.
A Guarda 19 de xunho 2010
No hay comentarios:
Publicar un comentario