13 de mayo de 2010
LEI DA MEMORIA HISTÓRICA
O abaixo asinante José Antonio González Morais, representante do Grupo Municipal de Esquerda Unida, no Baixo Minho, presenta a seguinte Moción ao obxecto de ser incluída na orde do día do Pleno ordinario e debatida no mesmo coa seguinte,
EXPOSICIÓN DOS MOTIVOS:
Pasaron case tres anos dende a aprobación da Lei 52/2007, de 26 de decembro, pola que se reconhecen e amplían dereitos e establécense medidas en apoio das persoas que padeceron persecución ou violencia durante a guerra civil e ditadura. Cando se aprobou esta lei denominouse Lei da Memoria Histórica para que dunha maneira democrática e imprescindible o Estado garantice o dereito das familias que tenhen persoas desaparecidas a conhecer as circunstancias da súa morte e o paradoiro de miles de persoas, feito que ata agora non acontece. Lembramos que en Espanha e un dos países con máis vítimas por desaparición forzosa.
Os familiares das vítimas están dobremente castigadas, por ser familiares de persoas desaparecidas e por estar sometidas a un auténtico calvario xudicial, tendo que ir de xulgado en xulgado para recuperar os corpos dos familiares asasinados, e enterrados en fosas comúns. O feito é que o artigo articulo 11 de la Lei 52/2007, de 26 de decembro non garantiu as políticas públicas e necesarias para localizar e recuperar os seres queridos dos descendentes das vítimas do franquismo, a realidade é que a fiscalia do estado, a audencia nacional da as costas a os familiares das vítimas.
Por todo isto, é necesario modificar a Lei da Memoria para establecer con claridade que é responsabilidade das administracións públicas satisfacer o dereito dos familiares de persoas desaparecidas durante a Guerra Civil e a ditadura franquista e de toda a sociedade a conhecer a verdade sobre eses feitos e procurala localización, recuperación e identificación de persoas desaparecidas e, se é o caso, a sinalización e dignificación dos espazos onde se encontren as fosas da Guerra Civil. Sendo, responsabilidade das administracións públicas asumilos gastos derivados desta reparación.
Outro dos aspectos que se evidenciaron dende a aprobación da lei, son os problemas de ordenamento xurídico espanhol, que permite interpretacións que van en contra da lexislación internacional en materia de dereitos humanos e crimes de lesa humanidade. Algúns interpretan de forma partidista algunhas normas, como a Lei de Amnistía de 1977, e néganse a aceptar o dereito internacional e perseguen a aqueles que queren buscar aos desaparecidos. Non se pode deixar marxe á interpretación de
que a Lei 46/1977 tinha a finalidade de evitar a aplicación das normas básicas do dereito internacional en todo o referente aos denominados delitos de lesa humanidade. En 2008, o Comité de Dereitos Humanos da ONU, encargado de supervisar o cumprimento do PIDCP, instou a Espanha a derrogar a Lei de Amnistía de 1977 e a garantir que os tribunais nacionais non aplicasen prazos de prescrición nos casos de delitos de lesa humanidade. Así mesmo, en 2009, o Comité contra a Tortura recomendou que Espanha debería "asegurar que os actos de tortura, que tamén inclúen as desaparicións forzadas, non sexan crimes suxeitos a amnistía" e alentou a Espanha a "continuar intensificando os seus esforzos para axudar as familias das vítimas a esclarecer a sorte dos desaparecidos, identificalos e obter as exhumacións dos seus restos, sempre que sexa posible". Pero non rectificou, non se fixo caso ás reiteradas recomendacións da ONU, e agora incluso a prensa estranxeira se fixo eco deste insólito caso, en que perséguese xudicialmente a aqueles que están cumprindo co dereito internacional, menoscabando gravemente a imaxe do funcionamento do estado.
En canto ás políticas públicas de memoria que xestiona ou impulsa o goberno en cumprimento da lei, encontrámolas divididas en tres ministerios: o Ministerio de Xustiza xestiona a política de fosas; o Ministerio de Cultura encargase de arquivos e simboloxía, e o Ministerio da Vicepresidencia xestiona o reparto das subvencións ás entidades. Nestes dous últimos anos constatáronse disfuncións importantes froito da inexistencia dun centro directivo do goberno encargado da xestión transversal das políticas públicas de recuperación da memoria democrática e a ausencia dun marco institucional que coordine e dirixa ditas políticas. Da mesma maneira que hai disfuncións e evidente descoordinación horizontal entre os diferentes departamentos do goberno, tamén a hai a nivel vertical, entre o goberno e as Comunidades Autónomas.
Á falta de marco institucional, debéselle engadir a ausencia de medios. Os avances máis significativos, como o mapa informático de fosas, foron fundamentalmente froito dos esforzos e o traballo das Comunidades Autónomas comprometidas coa recuperación da memoria histórica e o recoñecemento e homenaxe aos represados do franquismo. Unha das políticas estatais impulsadas é a Oficina para as Vítimas da Guerra Civil e da Ditadura creada por acordo de Consello de Ministros o 19 de decembro de 2008. Unha das funcións, entre outras, da Oficina é a Coordinación das actuacións cos Departamentos ministeriais competentes en materia de recuperación da Memoria Histórica. Os recursos materiais e humanos desta oficina contrastan cos doutros estados con políticas activas de recuperación da memoria como as que se dan, por exemplo, en Alemanha, Arxentina ou Chile. No caso Alemán, por exemplo, o Comisionado Federal de Documentos, que alberga os arquivos da Stasi,
ten 90 millóns de euros de presuposto e un cadro de persoal de 1.700 traballadores. Máis de 2,6 millóns de persoas dirixíronse a dito comisionado para consultar os arquivos do réxime. Cifras que quedan moi lonxe das destinadas en Espanha.
Por todo isto, Esquerda Unida preséntase a seguinte moción recuperación da Memoria Histórica ante o Concello de A Guarda:
1. Conmemorar de forma solemne a declaración do Concello de A Guarda de condena expresa dos Concelleiros ao réxime franquista e de apoio ás vítimas do franquismo.
2. Constituír un día anual para a conmemoración e apoio aos represados do franquismo e a condena do réxime franquista
3. Establecer un Marco Institucional efectivo que impulse as políticas públicas relativas á conservación e fomento da memoria democrática, segundo o disposto na Disposición adicional terceira de la Lei 52/2007.
4. Crear un Alto Comisionado de apoio ás vítimas da Guerra Civil e da ditadura de acordo ca Disposición Adicional 3ª de la Lei 52/2007, que se encargará do cumprimento de dita Lei, mediante o seguimento das actuacións dos órganos competentes da Administración Xeral do Estado; a colaboración con cantas entidades públicas e privadas tenhan por obxectivo a atención ás vítimas; e a cooperación có órganos competentes neste ámbito das restantes Administracións públicas.
5. Crear una Fiscalía especializada no apoio e axuda a quen padeceron persecucións o violencia durante a Guerra Civil e a Ditadura.
6. Modificar a Lei 52/2007, de 26 de decembro, nos artigos 11, 12, 13 e 14, co obxecto de garantir a responsabilidade pública e institucional nas labores de localización, exhumación e identificación das fosas ou enterramentos das vítimas do franquismo, así como a divulgación dos resultados, pasando a ser esta una política pública e institucional garantidas polo Conxunto de Administracións, e pola Administración Xeral do Estado con carácter subsidiario.
7. Reformar cantas disposicións legais sexan pertinentes co obxecto de impedir que podan existir interpretacións do noso ordenamento xurídico por parte de diferentes estamentos do Estado que vaian contra os principios de Xustiza, Verdade y Reparación á que tenhen dereito todas as vítimas de xenocidio e de crimes de lesa humanidade, tal e como se contempla na lexislación internacional en materia de dereitos humanos e crimes contra a humanidade. Ditas reformas terán por obxecto o garantir que en ningún caso exista marxe para considerar delito aquelas actuacións que investiguen os crimes imprescritibles da ditadura franquista.
8. Que os acordos se fagan chegar a Xunta de Galicia e Parlamento Espanhol.
A Guarda a 14 de Maio 2010
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario