28 de junio de 2017

FESTA DA LANGOSTA - A GUARDA





Pouco público no pregón 27 da festa da langosta, posiblemente a causa fose a retransmisión do cancro do estado o FÚTBOL, e  frio que facía na A Guarda.


Andrea Poua e Enrique Alfonso coñecido polo Bruxo Queimán


Presentador foi  Manuel Santos

Falou  o Alcalde Antonio Lomba
 Intervención de Enrique e Andrea

Un pregón diferente primeiro falou Enrique Alfonso Domínguez e Andrea Pusa (Bruxo Queima e Pousa) na metade do pregón cantou Andrea, con varias langostas na mau  e logo alternáronse ata o remate do pregón.

Comezou Enrique en solitario dicindo: A  forza anímica de un pobo reside en revivir as súas rendas as súas historias o pobo que non viva estas rentes esta condeado a norte. Un pobo con una riqueza mariñeira a través do traballo destes mariñeiros que dende o ano 1960 sacaron da miseria as súas familias ao descubrir na costa portugesa Peniche (Povoa do Varcín) un caladoiro de langostas. Converteron as tradicionais gamelas de congrio e sardiñas en barcos con un rol de 5 e 6 mariñeiros, o traballo e condicións eran moi duras, durmían en catres de follatos de espigas, a pouca auga que era para a comida, non podían lavarse , asearse…etc . Os mariñeiros comezaban moi xovenes  a partir dos 13 anos  axudando nas tarefas das redes, nodos, collían auga nas fontes como a da ribeira, etc., estes ao longo do tempo foron aumentando os salarios  (Cuarteróns) pouco a pouco por decisión dos mariñeiros, uns mariñeiros celosos, desconfiados, pero a súa vez eran mariñeiros emprendedores, innovadores e fixeron a arte de tres redes (O trasmallo). O mariñeiro da Guarda loitador vencendo as marusías, vento mareiro, soño de loita e de vida, as ondiñas que veñen e van traen o mariñeiro polo mar, boga boga mariñeiro con sardiñas e langosta do noso mar.

A Guarda emerxe xunto un enorme outeiro e nos ofrece  una terra de castros e temos no Trega o maior de Galicia. Ademais temos museo do mar, museo arqueolóxico, o Castelo Santa Cruz, terra do camiño Atlántico a Santiago de Compostela. A Guarda ofrece beleza, agrado, ofrece estas langostas de sabor único, ofrece a rosca de xema guardesa A Guarda é terra de lenda, castros,  terra de langosta.

Andrea canta Camariñas

Dende o alto do Trega vendo a Portugal entraban os barcos con estas langostas, que eran cociñadas polo tío Roxo, Tia Concepción, Paula, tia Jaula...etc., estas anécdotas as contaba o tío Santiaguiño aos visitantes que se achegaban A Guarda.

Sentir a maxia desta terra, con esta brisiña que chega do Trega, meu comandante do Miño. A Honra dun pobo esta feita a base de coraxe e nobreza esta é unha virtude increvantable, A Guarda forma parte da historia con estas langostas que teñen identidade propia, o que chega  A Guarda sempre repite sempre volta a saborear estas langostas con sabor único pola arte das exquisitas cociñeiras e cociñeiros que fan posible esta milagre.

Canta Andrea e agradece por ser convidados ao pregón 27 da  festa da langosta, pregón atípico pero feito con emoción, e comprometido ca nosa cultura e conviccións. Andrea comprometida con Galicia remata dicindo que nos comprometamos a coidar o Planeta, a terra o mar para que no futuro teñamos de novo as langostas na nosa costa.

O Bruxo lembra aos mariñeiros que perderon a vida no mar
 Andrea Pousa cantando

 NO PORTO









No hay comentarios:

Publicar un comentario