22 de abril de 2015

A CASTA GUARDESA

Os partidos que se presentan para finais de maio son: PP, PSOE, INICIATIVA VECIÑAL, BNG, CONVERXENCIA GALEGA e CIUDADANOS DE CENTRO DEMOCRÁTICO.

Todos son conservadores,  que pouco aportaran a cidadanía de A Guarda. O PP, BNG e CG que durante toda a lexislatura estivo desaparecida sen facer oposición seria e contundente, tan so fixeron política populista de taberna, sen aportar solucións.
A excisión dos concelleiros parasitos do PP,  favorece claramente aos delincuentes políticos urbanísticos do PSOE, que durante a lexislatura foron incapaces de realizar, xestións cara o futuro, acadar servizos necesarios para a cidadanía, so fixeron cobrar a fin de mes,  malgastar cartos públicos e incapaces de pechar os servizos que dan perda que non aportan nada para o pobo, por exemplo: ferrit boat ou Entidade Menor de Camposancos. As chapuzas de última hora que se realizan antes dos comicios son cartos que aporta a DEPUTACIÓN, obrigada por Lei, estratexias políticas que non enganan a ninguén.
 Barbarie municipal aquí non poden multar
 
A política antisocial do PSOE autoriza a policía local a multar, saquear a cidadanía, non teñen criterio, coherencia, sensibilidade tan so multan nos lugares estratéxicos preto dos supermercados, cercanía das clínicas médicas…etc. Exemplo se te pasas 30´ na zona azul porque estas facendo una limpeza bucal 30 € de sanción. Nas rúas do porto guardés, Puerto Rico.. etc podes aparcar de calquera maneira sen control. ¿Será porque gastan súelas de zapato, ou porque teñen mala forma física? A cidadanía a surtir vía impostos e sancións a facenda municipal.
60 anos pasando por aquí  e todo sigue igual, Xan Telmo incompetente
¿Teremos 4 anos mais de inoperancia política? Camiños, praias, cunetas sen limpar, acceso intransitable ao cámping, vertidos ao río sen control, Sen Plan Xeral Urbanístico Caciquil, Sen casa do deporte, Sen convenios coas Comunidades de Montes, Privatizacións  prexudicando as arcas públicas, As dependencias do porto sen pagar impostos estando capado turisticamente, Instalacións municipais desfasadas no tempo e con escaso mantemento, Sen circunvalación, Estrada estreita, perigosa, sen beirarúas, dende a Katanga ata o empalme  de Camposancos, Abandono do pinar público dende a Lamiña ata o Puntal, Parque industrial,......etc
O círculo de podemos non se presenta, e temos que celebralo porque para ser candidata ou candidato, ir nas listas téñense que pagar as facturas pendentes en negocios de A Guarda, non ter vicios  brancos, non ser casta....etc.
DAORDE

1 comentario:

  1. Para limpiar cunetas non abra cartos,pero para pagar pleitos perdidos, e boltar a recurrilos para iso si que ay cartos, ¿ pero si pagaran os politicos do seu bolso? seguro que haberia menos pleitos e menos recursos.

    ResponderEliminar