4 de agosto de 2012

A MAFIA CONTRA O POBO CONTINUA


É unha VERGONHA que a nova Comisión de festas do Monte Trega intente impor que as Festas da Cruzada ou San Caetano forman parte das festas do Monte Trega.
No programa de festexos realizan as carreiras populares das festas do Trega na festa San Caetano, (4/08/2012) isto é inxerencia manipulación e falta de respecto e consideración das festas da Cruzada.
Unas probas pedestres que por parte da comisión anterior foi un despilfarro de cartos cidadáns 3.000 €, cando á S.A. do Trega as facía por 1000 €.(Pendentes de cobro na última organización)
Persoalmente falei con un membro da directiva (Emilio) de cal é a causa de non contar ca S.A. do Trega, para organizar as carreiras, e díxome persoalmente no Rosal (Festa do Vinho) que non sabe de nada, que para o próximo ano xa falaremos.
¿Para que traen Xuíces de Atletismo nuha carreira popular?
¿Porqué organiza un Club de atletismo de Gondomar?
¿Por qué realizan as carreiras nas festas de San Caetano?
¿Cal é a causa da espantada dos anteriores organizadores ou colaboradores?
¿Presentarán contas ou seguirán ca tradicion do PSOE?
Para o abaixo asinante isto é desprezo as entidades deportivas locais, isto demostra que o pobo Guardés esta dividido.
A Comisión só defende os intereses persoais e non defende os intereses da cidadanía guardesa, entidades culturais e deportivas do pobo.
Menos orquestas e mais apoios aos grupos musicais locais, teatro, baile, música popular,asociación deportivas, con demostración nas rúas....etc, isto é compromiso ca cidadanía o resto é un paripe.
José Antonio González Morais.

1 comentario:

  1. ¿Os membros da Comisión de festasque teñen bares, cafeterías pagarían os 40 euros que cada bar-cafetería tiña que pagar por cada mesa nos días da festa?

    ResponderEliminar