16 de enero de 2012

FRAGA FOI UN CAMALEÓN POLÍTICO SANGUENTO

ESQUERDA UNIDA ESIXE QUE O PARLAMENTO GALEGO LEXISLE NA PROCURA
DE RECOÑECEMENTO E INDEMNIZACIÓNS AOS REPRESALIADOS E
REPRESALIADAS DO FRANQUISMO CO FALECEMENTO DE MANUEL FRAGA, EXMINISTRO DA DITADURA, NON MORRE UN FRANQUISMO QUE AÍNDA LATEXA NA PERSECUCIÓN AO XUÍZ GARZÓN, NO MANTEMENTO DO VAL DOS CAÍDOS OU QUE PERMITE QUE MILLEIROS DE PERSOAS ASESINADAS ESTEN EN FOSAS COMÚNS
Esquerda Unida diante do falecemento do ex ministro da ditadura franquista e un dos
redactores da actual Constitución quere manifestar a urxencia de cancelar cantas
herdanzas franquistas restan nos aparellos do Estado e na consciencia dunha sociedade que non padeceu en van corenta anos de violencia ditatorial.
No balanzo da figura da Manuel Fraga, Esquerda Unida non pode silenciar os seus
ominosos servizos a un réxime que encheu de sangue e padecementos, medo e miseria,
a unha sociedade que transitaba polos vieiros esperanzados da República e a xustiza
social.
Esquerda Unida quere chamar a atención diante a significativa diferenza no tratamento que as actuais institucións do Estado lle entregan a quen vén de falecer, respecto dos milleiros de persoas, resistentes contra a ditadura, que aínda xacen en gabias, anónimos e desconsiderados para este réxime democrático, ou a cantas persoas represaliadas da ditadura que en Galicia adoecen dunha lexislación propia que as recoñeza e compense.
Esquerda Unida demanda a urxente elaboración dunha norma galega que recoñeza e
compense ás presas e presos e represaliados por se ter oposto ao réxime franquista. Esquerda Unida presentou no mandato da anterior Xunta de Galicia unha proposición lexislativa para a elaboración desa norma, norma de dignidade e xustiza, que lamentablemente segue sen ser atendida polos partidos do Hórreo.
Doutra banda, cómpre lembrar a vergoña internacional que se deriva das causas que perseguen ao xuíz Garzón, por ter tentado esclarecer os crimes e responsabilidades
durante a Ditadura. No debe democrático da nosa sociedade temos que sinalar todos os incumprimentos da chamada lei de memoria histórica, cando van máis de catro anos da súa promulgación: o mantemento do Val dos Caídos, a non recuperación dos milleiros de persoas que restan en fosas anónimas, etc. Semella necesario cumprir a actual lexislación alomenos ate acadar outra que remate con todas as herdanzas ominosas
derivadas da ditadura, en particular a anulación de todos os xuízos de carácter política da ditadura.


No hay comentarios:

Publicar un comentario