4 de abril de 2011

LIMPEZA E ARRANXO CAMINHO DA CANTEIRA

De acordo, e ao amparo do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, Esquerda Unida de A Guarda ante o Concello , desexa someter a consideración do Pleno a seguinte moción:

LIMPEZA E ARRANXO DO CAMINHO DA CANTEIRA


 
Tódolos días moitos vecinhos da cruzada baixan por este caminho, dende san Caetano ata a fonte santa Catalina. O caminho na actualidade está sen limpar, sendo seu estado de conservación lamentable.

Lembrámoslle que nos arredores da fonte santa Catalina o estado de conservación, e limpeza da vergonha.

A Cruzada existe e a rúa San Caetano tamén, dean un paseo e verán os buratos pasando a capela.


Dende Esquerda Unida solicitamos do concello:

Que se limpe o caminho, e se pode ser antes do verán se acondicione axeitadamente.



A Guarda a 05 de Abril 2011.

Asd. José Antonio González Morais

1 comentario:

  1. Todos os días paseo polo caminho da Canteira e vexo que xa deu resultado a tua queixa. Onte rechearon os buratos e hoxe estaban limpando as erbas.
    Está claro que temos que participar.
    Un saúdo e grazas. Gabriela

    ResponderEliminar