14 de mayo de 2011

PSOE + PP + BNG IGUAL A FRAUDE

O PSOE menten constantemente, cando din que en Espanha non houbo recortes e que hai unha gran protección social. Recortáronnos dereitos sociais e laborais, é o momento de que lles recortemos nós agora a súa prepotencia e chulería de ti depende. REVELATE contra o PSOE,PP,BNG que deron as costas aos traballadores e non fan políticas para os cidadáns, pensando nos problemas das persoas.

¿Que partido político leva no seu programa “Tolerancia cero para a corrupción”?.

Na Guarda PP + PSOE + BNG están implicados na mafia urbanística incumpriron a lei e asinaron licencias falsas e están unha vez mais enganhando a cidadanía.

Ética, e transparencia están na lúa que de momento e un lugar inaccesible para o ser humano.

¿Onde está o compromiso de facer unha declaración por escrito de tódolos partidos políticos e levada a Pleno para declarar A Guarda concello libre de corrupción?

As listas do PSOE+PP+BNG están contaminadas na CORRUPCIÓN.

O PSOE guardés non da contas da débeda do Concello, non dan contas dos gastos da festas do Monte Trega, non falan do abandono da fortaleza Santa Cruz, de canto custou a demagoxia do EDEN, etc...

A cidadanía que ten sensibilidade e compromiso social está cansa, farta de tanto despropósito esta desmobilizada para ir a votar, que esta preta ao abandono da participación política, causada por estes indecentes políticos que temos na Guarda, e cas súas nóminas exprimen aos cidadáns,xa verás unha vez realizadas as votacións aumentaranos os impostos básicos como:lixo, rodaxe, alcantarillado, urbana etc...
¿Onde están os cartos da especulación inmobiliaria e financeira guardesa?.
A política que farán o PSOE + PP + BNG están baseadas no neoliberalismo, nas continuas privatizacións lémbrense as privatizacións do PSOE + BNG cando estaban na Xunta de Galicia e actualmente no concello de Vigo. Defenden a área metropolitana para saquear, espremer mais, sen que a cidadanía se de conta.

A Xustiza e lenta, con falta de transparencia e control dos procesos de recalificación e aplicación das sentencias de derribo, causada por falta de medios económicos, persoal etc., que favorece aos corruptos como o Goberno Guardés e os demais implicados.

A corrupción en Espanha e alimentada por unha Lei Electoral inxusta, Lei de Igualdade e unha Lei de Financiamento de Partidos perversa, destinadas ambas a favorecer o bipartidismo.

A corrupción en Espanha foi facilitada por unha lexislación débil, a Lei 30/2007 de Contratos.

CIUDADANOS:

Que partido político guardés aposta por dar impulso dun Código ético do cargo público, asinado tódalas formacións políticas que existen na Guarda cos seguintes contidos na lexislación xeral:

1. Endurecemento das penas establecidas no Código Penal para os delitos contra o urbanismo e a ordenación do territorio, malversación de caudais públicos, prevaricación con fins de lucro, suborno, tráfico de influencias, alteración de prezos en concursos e poxas públicas, enriquecemento inxustificado con recursos públicos ou privados, omisión do deber de perseguir delitos e branqueo de capitais.

2. Extensión ata 30 anos da inhabilitación para ocupar calquera cargo público, electo. E devolución integra dos cartos defraudados.

3. Apostar pola conquista da terceira república Espanhola.

4. Non aos recortes en Sanidade e Educación.

PENSA E NON VOTES POR LISTAS CONTAMINADAS NA CORRUPCIÓN (Roubo dos cartos públicos) E QUE EXPONHAN AS CONTAS PÚBLICAS CARA A CIUDADANÍA.

PROPOMOS:

VOTAR POR LISTAS BLANCAS

VOTO NULO (TACHÓN EN CALQUER PAPELETA)

A Guarda a 14 de maio 2011

Follaco Daorde.




1 comentario:

  1. Vou pensar sobor todo o que dis, pois son argumentos de peso.
    Se poideras remitirme algún enlace, documento o testemuña para verificar os cargos sobor BNG gostaríame para ter que reflexionar.
    De verdade que gostaríame votar o correcto dacordo co os meus principios.
    Un saúdo
    Gabriela

    ResponderEliminar