24 de abril de 2011

SEMANA MASOQUISTA


Rematou a “semana masoquista” na que se lembra a escravitude e o dominio das clases adinheiradas (antiga roma, fariseos...), hoxe en día Iankis e Unión Europea, invasores de países polos interés e control da humanidade. Dedíquenme a pasalo ben, facer fotos, navegar pola rede, facer algo de deporte, caminhadas anticlericais, ler informes políticos, etc..

Un dos días regresando de Oia as beirarrúas da Guarda estaban con público, feito chocante na Guarda, xa que a partir das oito da tarde non pasean nin os cans, (Ónde esta a promoción de ACIGU e ÁBACO), dixen ¿Estarán esperando algunha procesión? Supuxen que si, onde participan devotos vestidos de Ku Klux Klan, como fixo o PSOE en carnavais, entre eles imaxínome o Presidente do concello de A Guarda todo triste, con unha gran devoción relixiosa, traxeado, en fin presumindo de cacique local e esquecéndose do pobo que o ten abandonado, pero como temos visitantes, terá que deixarse ver.

Pasoume pola cabeza de parar e sacar unhas fotos, cambiei de opinión rapidamente, se estou no medio da chusma estou contribuíndo a barbarie.

Son días que non se ve a TV, se a conectas só ves xente nas praias do sur, misas, procesións, películas do ano catapún, e como de costume programas para tontos. En estes días pouco se fala dos 4.696.600 parados, Fukushima, da guerra en Libia, dos 4.300 mortos Iankis na guerra de Iraq, dos dous millóns de € que diariamente se gastan na guerra etc...., medios ao servizo do poder.

Desexo que estrale o mundo do fútbol, dirixentes que non cumpren ca lei, que non pagan impostos e o PP, PSOE e Nacionalistas non fan nada para resolver esta lacra social.

¿Existe crise? Para os visitantes e cidadáns que foron de vacación a verdade e que non, éstes terán que esperar largas colas de tráfico, gas-óil e gasolina con prezos prohibitivos, e ninguén se queixa.

O caótico ditador Fraga que potenciou o turismo barbarie no sur e potenciou o turismo do caminhante eclesiástico en Galicia, cando fine os actuais dirixentes poranlle medallas, nomes a rúas, estatuas, etc....e na realidade foi un político que ten as mans manchadas de sangre, súa política foi contra o medio ambiente e intereses galegos.

Constantemente nos manipulan con frases como a “reforma laboral” etc..., e como dí unha camarada, simpatizante “os que presumen de esquerdas, os ante obreiros, a patronal e os sindicatos fixeron unha CONTRA REFORMA” que é o mesmo que dicir imos a peor cara atrás.

A partir de luns virá a calma, a luta diaria pero teremos a propaganda política para renovar os cargos públicos municipais que din ser representantes da cidadanía. Teremos unha propaganda electoralista e non política que estará baseada en acadar o maior nº de votos, e como proponhen moitos, ¿Cándo teremos unha norma de que se fas algo distinto o programa político: corrupción, saqueo e despilfarro de cartos públicos sexas sancionado coa retirada do cargo ou representación política?.


Asd. daorde

Hoxe din que é o día da resurección para min e o día da incomprensión.



A Guarda a 24 de abril do ano 2011

1 comentario:

  1. Estou de acordo en moitísimas cousas que dis Morais. Temos que enfrontar ista situación que vaise deteriorando pola falta de participación democrática y crítica da ciudadanía. Temos que escapar desta escravitude y construir outra realidade. Estes días atopéime con unha cita del libro "La Caverna" de José Saramago e ao parecer neste libro desenrola bastante ben o panorama no que nos encontramos, Vou ver si o consigo. Pásote o cita:
    "José Saramago en su novela La Caverna, bien refleja este mundo. En lo subterráneo del Centro Comercial, hay seis cadáveres y alrededor unas sogas que delatan que antes estaban atados a un banco de piedra. Y así murieron. Tales muertos son una revelación, son también todos los que habitan el centro comercial, somos todos nosotros. Por ello, el personaje Cipriano Algor decide abandonar el centro: «Comprendo que aquellas hombres y aquellas mujeres son mucho más que simples personas muertas (…) no voy a quedarme el resto de mis días atado a un banco de piedra y mirando a una pared…» página 437.
    Saludos
    Gabriela

    ResponderEliminar