15 de agosto de 2018

LIMPEZA FOSA COMÚN DE SESTÁS A GUARDA



Asociación 3-Nº21600-Sección 1ª

O abaixo asinante, José Antonio González Morais como membro de Republicanos Miñotos,con domicilio en Camposancos Couto nº 19  A Guarda,  presenta a seguinte proposta para que sexa incluída na orde do día do Pleno ordinario e que se debata.
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:
Dende Republicanos Miñotos estamos facendo una labor pedagóxica dos    valores republicanos e fomento da Lei  da Memoria Histórica, aprobada polo Congreso dos Deputados o 31 de outubro do 2007.
Na Guarda, no cemiterio de Sestás temos a fosa común inagurada o día 1/08/1985 por Xoán Noia Gil, e durante todo ano está moi descoidada.

Esporadicamente algunhas persoas a limpan, pero coidamos que non é de recibo o descoido, falta de interese da súa conservación así como o incumprimento da Lei da Memoria Histórica da Corporación Municipal. Lembrámoslle que este feito ten sido denunciado en algún medio de comunicación guardés. 

DESDE REPUBLICANOS MIÑOTOS SOLICITAMOS:
Que fagan as xestións cos herdeiros de Juan Noya e Dolores Domínguez.
Que forme parte do Patrimonio Histórico e Cultural guardés.
Que o Goberno Municipal, e toda oposición acorden e tomen medidas oportunas para a súa conservación, que  seu entorno este limpo e perdure o recordo das persoas republicanas soterradas e que loitaron pola democracia.

A Guarda a 16 de agosto do ano 2018

No hay comentarios:

Publicar un comentario